Política de Privacitat

Condicións xerais de acceso e uso do sitio web anatlantica.com

O sitio web anatlantica.com é propiedade de Ana González Chouciño (en diante, a propietaria), con domicilio para efectos de notificacións en Tarragona e enderezo de correo electrónico nagonzalez.ch@gmail.com, e a través do mesmo facilítase información sobre as súas actividades. O acceso e uso do sitio web atribúe a quen o realiza a condición de “persoa usuaria” e implica a aceptación íntegra, expresa e sen reservas das presentes condicións xerais, vixentes no momento do acceso. Se a persoa usuaria non comprendese na súa totalidade as presentes condicións de uso ou non estivese de acordo con elas, deberá absterse de utilizar e operar a través deste sitio web. As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web da propietaria por parte das persoas usuarias que accedan e/ou naveguen por www.anatlantica.com . As presentes condicións xerais expóñense no sitio web anatlantica.com, para que as persoas usuarias poidan lelas, imprimilas e arquivalas.

Primeiro.- Condicións de acceso e uso

A utilización do sitio web da propietaria é gratuíta e non require o rexistro previo da persoa usuaria. Naqueles casos nos que o acceso e/ou uso de determinados servizos e/ou contidos requirisen o rexistro ou a subscrición das persoas usuarias, será necesario que estas acepten previamente a correspondente política de privacidade e as condicións xerais específicas, non sendo posible o acceso aos mesmos sen dita aceptación. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose a persoa usuaria a facer un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren dereitos ou intereses de terceiros (dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc.), ou a normativa vixente. A propietaria prohíbe expresamente:
  • Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo, por calquera medio, calquera tipo de dano nos sistemas da propietaria ou de terceiros.
  • Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial, directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (“spamming”) ou o envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (“mail bombing”).
A persoa usuaria comprométese a non utilizar o sitio web, nin os contidos ou a información e/ou os servizos que se ofrecen nel para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais. A propietaria poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais.

Segunda.- Contidos

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos pola propietaria, utilizando fontes internas e externas, de tal xeito que a propietaria unicamente se fai responsable dos contidos elaborados de forma interna. A propietaria resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web. A propietaria non asegura nin se responsabiliza do correcto funcionamento das ligazóns a sitios web de terceiros que figuren no sitio web. Ademais, a través do sitio web anatlantica.com, poden poñerse á disposición das persoas usuarias servizos gratuítos e/ou de pago ofrecidos por terceiros alleos, os cales rexeranse polas condicións particulares de ditos servizos. A propietaria non garante en ningún caso a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e queda expresamente exonerada de calquera tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.

Terceira.- Responsabilidade

A propietaria en ningún caso será responsable de:
  • Os fallos e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas, de xeito que non se garante que os servizos web do sitio estean constantemente operativos.
  • A produción de calquera tipo de dano que as persoas usuarias ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.
  • A fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros no sitio web, ben directamente, ben a través de ligazóns.
A propietaria resérvase o dereito a suspender o acceso sen previo aviso, de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal, ata asegurar a efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse. A propietaria colaborará e notificará á autoridade competente as incidencias anteriormente indicadas no momento en que teña coñecemento fidedigno de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.

Cuarta.- Dereitos de autor

Os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web anatlantica.com atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos devanditos elementos protexidos, agás consentimento expreso da propietaria. A propietaria pode utilizar fontes externas para a elaboración dos seus contidos e establecer ligazóns ou hipervínculos a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor das informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación dos devanditos contidos. Os materiais, tanto gráficos como escritos, enviados polas persoas usuarias a través dos medios que se poñen á súa disposición no sitio web son propiedade da persoa usuaria, quen afirma ao envialos a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reprodución e distribución á propietaria.

Quinta.- Xurisdición e lei aplicable

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Santiago de Compostela, renunciando expresamente a persoa usuaria a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

Sexta.- Miscelánea

A declaración de nulidade dunha ou varias das cláusulas destas condicións non prexudica a validez das restantes, que permanecerán vixentes. A propietaria poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia a eles, agás recoñecemento expreso por parte da propietaria. Estas condicións xerais poderán ser modificadas por Ana González Chouciño cando así o considere oportuno. A modificación producirá efectos desde o día seguinte á data da súa publicación.
© 2025 Web Creada per Despega