A silueta fumeante da refinería recíbenos á entrada da Coruña. Semella un espellismo, un oasis á inversa: deserto de formigón nos límites dun verxel. Para moitos dos que nos criamos nesta cidade a refinería era un cheiro intermitente, doce e desagradable, que sentiamos antes da chuvia, unha lumarada que mirabamos desde o coche cando eramos nenos e chegabamos da aldea. Pero que acontece cos que viven ao seu carón? Que acontece co oleoduto que cruza a cidade ata o porto, invisible ata que aprendemos a velo?
Damián Ucieda. A historia dunha cidade cruzada por un camiño negro – Vinte



